Calasancias, 49 - Pío XII Fedesa, 64 (1ª Autonómica - 8ª jornada de Liga)

  • Publicado por Baloncesto Fedesa
  • en lunes, febrero 10, 2014 -
  • 0 comentarios
O equipo senior do Pío XII colleitou a sua primeira victoria nesta temporada, a primeira lonxe da casa desde que fora baptizado coma FEDESA. Fixoo mercé a un bo traballo colectivo e enfrontándose aos seus medos. Non foi unha boa semana de adestramentos para ningún equipo, cos pavillóns pechados polas sucesivas cicloxéneses, até o partido estivo a piques de ser adiado intres antes de escomenzalo. As numerosas baixas tampouco convidaban ao optimismo pero se de algo sabe Pío é de convivir coas baixas e de ter a ilusión que esa vaga ceibe se encha cunha boa nova, cunha xogadora junior que dá un paso á fronte.

A primeira parte tivo clara cor vermella: as da Alameda roían a pista e Iria e Cris exercían de estiletes cunha boa dirección de Irene, nova nesta laboura. As nosas “torres xemelgas” se impuñan ao desacertó no tiro exterior do equipo herculino, 33 a 15 ao descanso. Calasancias lembra moito a nós, un equipo novo que está aterrizando, con boas feituras e mellores intencións pero que non atopou aínda o seu sitio, que sempre se ten que sobrepór a un primeiro pao.

O parón do descanso reactivou a Calasancias, que saiu moito máis acertado que na primeira parte (fan máis puntos no 3ºcuarto que en toda a primeira metade) e moito máis esperto e desexoso do partido que as rapazas de Pío. Dez puntos de Terrado ameazaban con igualar o electrónico. As picheleiras pagaron en ataque esa saída despistada e, pese as faltas, sobreviviron gracias a uns intres de inspiración defensiva. O derradeiro cuarto iniciou 32 a 42, tras un intercambio de golpes, veuse a un equipo de Calasancias máis metido e convencido da victoria… tanto que con tres minutos por xogar estaba tres abaixo. Tódolos medos de Pío saian a relucir: o pensar no erro ofensivo levaba a caros lapsus defensivos… ata que emerxeu a figura de Julia. A junior tomou o mando de operación desde o poste alto e con seguridade e pulso firme, reduxo a sublevación herculina e puso terra de por medio, ate os quince puntos finais.

Desta vez non fumos nós quen nadou para morrer na beira. Feliz final para un traballado partido.




Calasancias, 49 (9+6+17+17): Otero (0), Merato (0), Vega (9), Castro (2), Varela (0) -cinco inicial-, Núnez (1), Piñeiro (1), Terrado (21, 2 triples), Pastoriza (5), Goenaga (2) y Nimo (8, 1 triple). 3 triples.

Pío XII Fedesa, 64 (21+12+9+22): Iria Viaño (8), Cristina Campo (23), María Gil (5), Irene Botana (0), Xiana Raposo (5) -cinco inicial-, Mascareñas (0), Marta Canedo (3), Julia López (20, 2 triples) y Carmen Fernández (0). 2 triples.

Arbitros: Álvarez y Feijoó. Señalaron 21 faltas personales al Calasancias y 23 al Pío XII. Sin eliminadas.

Marcador por cuartos: 9-21, 15-33 (descanso), 32-42 y 49-64 (Final).

Incidencias: Partido correspondiente a la 8ª jornada de Liga de la 1ª División Autonómica femenina disputado en el Polideportivo de Riazor (A Coruña) el 8 de febrero de 2014.



Jornada 8 (08-02-2014)
ARXIL MAFARI CAFE - UNIVERSITARIO DE FERROL61-39(Día 9)
UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE - PORRIÑO BTO BASE65-51
PLEXUS-CLUNY - LA SALLE42-51
CALASANCIAS - C. PIO XII FEDESA49-64

Clasificación
EquipoP.J.P.G.P.P.P.F.P.C.PTO.R.
1ARXIL MAFARI CAFE88061946516+8
2UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE75248338012+1
3UNIVERSITARIO DE FERROL75234734312-2
4PORRIÑO BTO BASE GRUPO PESCANOVA74345342011-1
5LA SALLE74338137311+2
6COMPAÑÍA DE MARÍA73438737210-1
7PLEXUS-CLUNY7253703849-1
8C. PIO XII FEDESA7163444748+1
9CALASANCIAS7072804537-7

Autor

FEDESA baloncesto -

-

0 comentarios :