Instituto Rosalía, 72 - Baloncesto Narón, 65 (1ª División * 12ª jornada Liga)

  • Publicado por Baloncesto Fedesa
  • en lunes, febrero 03, 2020 -
  • 0 comentarios
7ª victoria seguida para los de Txichón, que completan una vuelta entera sin conocer la derrota.

Mark anota evitando el tapón de Daniel Rodríguez

Alá  polo  1988,  cando  moitos/as  dos/das  que  andades  polo  parqué  non  nacerades  e  o  que suscribe non fixera a comunión, Queen sacou un tema que me vou permitir versionar: "Too much HYPE will kill you". Mira que vos gusta a Crónica Rosa, oi? Custa respostar a tanta expectación! E agora me lembro de Serrat, 1981, Pleistoceno Medio para moitos/as, "No hago otra cosa que pensar en ti y no se me ocurre nada... Porque las musas han pasado de mí, andarán de vacaciones..." Moitas gracias!

O caso é que o sábado tivemos na casa o encontro entreo os equipos empatados no segundo posto do grupo: o CB Narón eo Instituto Rosalía... Partido clásico durante un tempo na Nacional e durante un tempo na EBA. Non acaban as comparacións aquí: dous equipos xoves, con ganas de xogar a ritmo e tan tan parellos, que na ida o partido resolveuse por dous puntos.

O partido foi algo así como o descanso da SuperBowl... Entretido de ver, sen moita relevancia (ambos equipos clasificados para a segunda fase) e... Duelo de Divas. Las prima donnas Jorge Aller e Nilo Barreiro sacaron o mellor de si, para o modo de leixa-pren, desafiarse e respostarse no ámbito anotador. Pero todo bo número precisa luces, milleiros de LEDs que diría algún alcalde, e bos coristas, un corpo de baile que "menée bien el bullarengue", como diría o noso moi querido coach Dale. Os corpos de baile estiveron á altura e o encontro foi de poder a poder, decindo os convidados, o Bad Bunny da Illa, Eloy, e o Chino Balvin a full de flow.


 Nilo lanza a canasta
ante la oposición de Juan Rey

Desde o salto inicial, desde o primeiro compás, mostrouse o que ía ser o partido: ritmo, ritmo e máis ritmo. Duros coma penedos e sen concesións. O acerto caeu do lado local que puxo un 10-5 no electrónico polo que Suso, adestrador laranxa, decidiu para-lo partido para reorganiza-lo seu partido. Nilo e Jorge facían dúas triplas por cabeza e un grandísimo Mark facía catro puntos e daba outros dous para manter aos locais catro arriba entre cuartos.

O segundo cuarto foi o gran derby xeopolítico, o Chino (Mark) contra o US Army naronés, Brad Ryan, con cadanseus oito puntos nos segundos dez minutos do partido. Hoxe non houbo Chuches pero si o debú do junior Iván "Lentejas" Mallou. Co noso dietista na bancada e ese xantar máis saudable, Rosalía chega a estar dez puntos por arriba, vantaxe que aguilloou aos visitantes e obligou a tempo morto local, que conseguiu chegar ao descanso optimista e cinco arriba para a segunda metade.

Tralo descanso, o partido parecía seguir un guión semellante. Rosalía ben plantado atrás e dous equipos apostando polo ritmo... O equipo de Pasantes mantiña rendas cómodas pero, como malos estudiantes, pareceron conformarse coa nota e descoidaron un pouco o que lles daba resultado: un férreo peche de rebote e control das perdas de balón. Tres canastras de rebote ofensivo e dúas perdas de saque permitiron vitaminar o marcador do equipo ártabro, que con 25 puntos neste cuarto, finalizaba 3 arriba (49 a 52). Mark e Nilo evitaron que se escaparan máis no marcador con 13 puntos, fronte aos 17 anotados por Aller e Maneiro.

Rosalía escomenzou o derradeiro cuarto algo desorientado. Unha tripla de Américo Ferronha, base luso da Laranxa Mecánica, leva a oito a renda de Narón. Mark Gold di que non é día para perder e non permite que a esa diferencia dure, mantendonos a 2-5 puntos. Aparece un novo protagonista: Coronel Inverno. Unha goteira molla a pista e os árbitros, con bo criterio, deciden facer un pequeno parón para subsanar este problema. Kiko, mopa en man e toalla no corazón, vela 24 horas eses 60 centímetros cadrados, secando sempre que é posible. Narón aposta por unha defensa zonal, Rosalía, con máis acerto que lectura, con 2 triplas de Eloy separadas por unha falta de 3 tiros de Capi e 2 triplas consecutivas de Nilo "Porque yo lo valgo" Barreiro, logran rompe-lo muro e poñerse por riba nos derradeiros dous minutos. A boa defensa fixo o resto... Victoria local e cada vez mellores sensacións.

A vindeira semana toca visitar Viveiro, cancha complicada e gran test para os nosos.

Las estadísticas de tiro de los dos equipos
(Fuente: FEGABA)

Instituto Rosalía, 72: Nilo Barreiro (22, 4 triples), Andrés Forján (4), Álex Carrera (4), Pedro Vieites (8, 2 triples), Mark Gold (19) -cinco inicial-, Juan Blanco (-), Eloy Poza (13, 3 triples), Iván Mallou (-) y Diego Barbosa (2).
Baloncesto Narón, 65: Americo Ferronha (7, 2 triples), Jorge Aller (23, 3 triples), Juan Rey (2), Daniel Rodríguez (4), Diego Díaz (-) -cinco inicial-, Celso Calvo (-), Santi Manero (13, 1 triple) , Bradley C. Ryan (12), Jorge Balsa (4) y Diego Pernas (-).
Árbitros: Santiago Iglesias y Daniel Rivas. Señalaron 14 faltas personales a los locales y 20 a los visitantes. Sin eliminados.
Parciales: 18-14, 15-13, 16-25 y 23-13
Incidencias: Partido correspondiente a la 12ª jornada de la 1ª División masculina (Grupo Norte) disputado el 1 de febrero de 2020 en el pabellón del instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.


RESULTADOS Y CLASIFICACIÓN (Grupo Norte)
(Fuente: FEGABA)




Autor

FEDESA baloncesto -

-

0 comentarios :