Instituto Rosalía, 67 - Macrocopia Celtas, 58 (1ª División * 14ª jornada Liga)

  • Publicado por Baloncesto Fedesa
  • en lunes, febrero 17, 2020 -
  • 0 comentarios
O Rosalía pechou cunha sufrida victoria (67-58) no derradeiro partido do grupo Norde fronte a un excelso Macrocopia Celtas de Foz, que con sete xogadores, un espectacular Ángel Cao (24 puntos) e un brillante plantexamento do seu adestrador Armando Otero, tivo aos picheleiros contra as cordas. Agora parón para reencontrarse co seu bo xogo e prepararse para unha durísima fase de ascenso onde coincidirán co Campus Ourense -gran favorito-, Tui e o Pavimentos Noia.

Santi Lorenzo luchando con Johanny Vásquez por un rebote

Pensaba eu que, moitas veces, as historias "épicas" teñen un revés gris… Que si, que vas catro gatos, que reclutas a tres junior a última hora e ganas fora contra pronóstico pero … E se é do revés? Se es o equipo que vai nunha xeira magnífica de resultados e ven un equipo á tua casa con sete entregados e un adestrador experto e "te pintan la cara"? Pois esta semana, o conto vai máis por ese rego...

Último partido do grupo Norte. Clasificación decidida, todo o bacallau vendido. Xornada de resultados estranos. Instituto Rosalía, con oito partidos consecutivos ganados, recibe ao Macrocopia Celtas de Foz que perdeu as suas opcións de entrar no grupo de ascenso na xornada anterior. Viaxe algo longo, tocados e todo o mundo máis pensando na seguinte fase. A calqueira que lle preguntes polos de Marzán diranche tres cousas: que, facendo honor ao seu lema "Lume, lume, lume", son quentiños; que lles gusta tanto a liña de tres como a Pedro, Forján e Álex xuntos e que Armando Otero, o seu adestrador, ten ese aquel que fai ao seu equipo competir sempre. Ben é certo que viñeron sete xogadores e con baixas importantísimas pero souberon ser o doble de equipo, sendo case a metade de xogadores.

O partido escomenzou para o Rosalía cun ánimo tan xélido como a sua bancada e cuns Celtas tirando do manual de "guerrilla": intensidade, moi metidos de inicio para que non te rompan o partido e zoniña para distorsionar algo o ritmo previsto de partido. O electrónico tardou case cinco minutos en recibir os seus primeiros dous puntos da man de Capi Barbosa, que respostaron cedo cunha canastra de Miguel Rivas. Unha tripla de Pedro puña 5-2 no marcador, que os focenses respostaron cun 0-10 que curtou unha canastra de Álex. Tres triplas consecutivas de Trelles (2) e Humberto Cao, deixan un 7-15 e unha moi mala sensación local á fin do primeiro cuarto.


O segundo cuarto escomenza con sete puntos de Ángel Cao e Johanny e… 9-22. Escribo moito hoxe sobre o marcador e sinto que non é algo propio de min pero creo que é o tódolos equipos facemos cando non estamos a traballar ben. Esa diferencia nas decenas, ti en cero, eles en dous, desacouga e até semella que forza a un ritmo distinto. Non é distinto ao que pasa aos que facemos as cousas deseixadas, sen fe no que facemos ou sen previsión, que calqueira troco indesexado condiciona con urxencia o teu xeito de facer as cousas. E, ollo spoiler, a urxencia non acostuma ser boa conselleira. Unha tripla de Eloy pareceu despertarnos. Metade que empezamos a apretar un chisco máis atrás, metade que os mariñáns escomenzaban a sentir algo o desgaste, outra tripla de Eloy e unha canastra de Jorgito, que tocou canto balón tivo diante, achegávanos 17-22. Seguíamos imprecisos e deslavazados. Foz seguía na sua zona e unha nova tripla de Trelles deulle folgos para enfrontar cómodos o resto do cuarto. Johanny e Ángel Cao levaron a Celtas até os 30 puntos, cando Eloy, Nilo e Pedro ensinaron os dentes na anotación. Fin do cuarto 27-30, parcial gañado polos locais e coa sensación de que o descanso botaba unha man aos visitantes.

Rosalía saíu ao campo con cinco pequenos tralo descanso, un pouco de rock'n'roll, a ver cómo ía a vaina. Mark e For conseguín por en vantaxe aos locais por primeira vez en moito tempo pero o gran Johanny voltaba abortar este intento de parcial. O noso junior Isaac metía unha merecida e celebrada canastra para voltarnos a vantaxe no marcador e For metía unha tripla pedindo perdón e dando pésame… Traumas de shooter, supoño… O noso querido Ángel Cao (xogou connosco un sub22 cando xogaba en La Salle antes de ser mainstream) soubo facer un canastón, como parte á sua homenaxe a Kobe Bryant: 24 puntos; canastras plásticas, algunha case imposible; e un algún intre que pareceu imparable. Non son o seu axente pero si fan ;) Dúas triplas de Angeliño fixeron levantar ás angelievers, algunhas de nova factura e moi activas por IG, e preocupar ao adestrador local porque, pese á mellora, chegabamos á fin de cuarto por abaixo, 42 a 44.


Contaba Itu que Antonio Martín dicíalle de Petrovic que "o resto só temos que facer por chegar igualados aos minutos finais, el vaino ganar". Esa é a esencia do clutch, do diferencial e ese diferencial pode ter diferentes naturezas: talento puro; un aspecto dominante, xa sexa mental, técnico, táctico ou físico (todos sufrimos alguén que, por algo que non tes, se dá especialmente mal); ou o acerto puntual. O caso é que sabes que chegado o caso, se é preciso, a deusa Fortuna sorriralle ao inspirado. Este era o medo para o Rosalía: se ben a mellora era claro, o ataque non era colectivo, o acerto non era moito e dependían dos intres nos que defensivamente daban un extra. Pola contra Celtas, estaba de subidón disfrutando do seu acerto e da sua fe no seu traballo, dun constante Johanny e dun Ángel Cao en estado de gracia. Os do colexio de Pasantes querían porse por riba cedo e abusaron da liña de 6,75. Tivo que ser Santi Lorenzo o que tivo que pór cordura, con "c", e cun bo poste baixo empatou o partido. Cao si acertaba desde a liña de tres, vantaxe que respostou un Nilo que escomenzaba a parecerse a si mesmo. Canastra de Johanny para frear a euforia, 3+1 de Nilo para levantar ao seu equipo. Johanny, outros dous puntos. Rosalía, unha tripla, outra tripla, outra tripla,... Cero puntos. Se a urxencia era mala conselleira, ansiedade é peor. Non hai cuña que a da propia madeira e foi o tamén mariñán, pero "señorito" de Ribadeo, Barbosa co seu talento ou "ta-lento" ao rebote ofensivo e o xogo ás costas, quen fixo catro puntiños e, xunto con dous tiros libres de Nilo, abriu unha fechiña pola que respirar máis tranquilos os derradeiros cinco minutos. Canstrón do exChino Gold e unha tripla de Pedro puxeron oito puntos de vantaxa no marcador e deixaron o desfibrilador na sua balda. Dúas triplas de Forján cortaron a rección comandada por Ángel Cao e Johanny, deixando un final algo máis tranquilo do que foi partido. 67 a 58. Enorme partido e esforzo dos Celtas e agardamos que lección aprendida para os nosos... Como moi ben dixo Santi Lorenzo no banquiño, porque as cousas de vestiario non se contan, "esta é a definición de ser uns F***** de P***" Aínda ten máis de carteiro que de Neruda...

Semana de descanso e reflexión. Non podemos dar por feito o que facemos ben e non podemos depender do acerto ou das ganas se queremos ser o mellor equipo que podemos, o equipo que traballa, sabe non disfrutar algún intre no partido e pode con calqueira nesta categoría. Empeza o grupo que dá dereito a cruzarse co ascenso, un grupo durísimo que compartiremos co Campus Universitario de Ourense -gran favorito-, CB Tui -un rival experimentado, duro e que conta cun vello coñecido como Manu Ferreiro-, e o Pavimentos Noia, no que temos moitos amigos pero co que coprotagonizamos dous thrillers este ano. O plan? Tentar ser un dos tres equipos que xoguen cruces, despois tratar de ser un equipo enexpugnable nunha doble rolda de partido único, ser EBA e logo, e xa que estamos, ser campión. Obligatorio? Non. Posible? Si. Difícil? Moito. Desexado? Agardo que con tódalas forzas. Merecido? Estamos a tempo de que o sexa.

Estadísticas del partido
(Fuente: FEGABA)

Instituto Rosalía, 67: Nilo Barreiro (15, 3 triples), Santi Lorenzo (5), Pedro Vieites (12, 4 triples), Diego Barbosa (6), Mark Gold (4) -cinco inicial-, Jorge Pérez (2), Andrés Forján (11, 3 triples), Eloy Poza (5, 1 triple), Álex Carrera (5, 1 triple) e Isaac Noya (2).
Macrocopia Celtas de Foz, 58: Ángel Cao (24, 5 triples), Miguel Rivas (2), Marco Antonio Trelles (13, 3 triples), Johanny Vásquez (16), Manuel Eiras (-) -cinco inicial-, Adrián Prada (-) y Humberto Cao (3, 1 triple).
Árbitros: David Seoane y Julián Rico. Señalaron 12 faltas personales a los locales y 9 a los visitantes. Sin eliminados.
Parciales: 7-15, 20-15, 15-14 y 25-14
Incidencias: Partido correspondiente a la 14ª y última jornada de la 1ª fase de la 1ª División masculina (Grupo Norte) disputado el 15 de febrero de 2020 en el pabellón del instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

RESULTADOS Y CLASIFICACIÓN (Grupo Norte)
(Fuente: FEGABA)


Un resumen del último cuarto

Autor

FEDESA baloncesto -

-

0 comentarios :