Instituto Rosalía, 91 - CB O Meco, 68 (1ª Autonómica * 10ª jornada)

El acierto del Rosalía desde la línea de tres (14 triples) acaba con el Meco-Rafonca, asegurándose de paso el básquet average particular.


MOZO. MAIOR DE 16 ANOS. XOGADOR DO ROSA... Se cumplías este perfil, o sábado 21 estabas ocupado. A coincidencia de partidos trouxo unha tarde frenética para os do antigo Colexio de Pasantes, pese ao que a dirección deportiva conseguiu un grupo máis que solvente de xogadores para competir co Meco-Rafonca, o rival que máis pó fixo tragar aos nosos. A boa disposición, unha vez máis, dos nosos juniors e das suas familias para doblar partidos e desprazarse, e a imposibilidade de Luis para viaxar co EBA, foron un agasallo para o Primeira Autonómica.

A aventura escomenzaba con dous bos precedentes: a victoria do junior autonómico masculino e a victoria das rapazas do Primeira Nacional, o que sempre dispón a un ánimo mellor. O partido empezou a ritmo e sen concesións, onde todo o mundo anotaba. Se os grovenses machacaban cun inspirado Acuña na pintura (9 puntos neste cuarto) e coa sua efectividade ao contraataque, os picheleiros bombardeaban desde máis aló de 6,75, se ben os visitantes gañaron pola man este primeiro cuarto (19-22).

O adestrador colexial non estaba conforme co intercambio de canastras e os seus xogadores entenderon as suas razóns. Rosalía saíu cun ritmo frenético no inicio, gran intensidade pero exígua rendibilidade... Nunca foi bo andar ás presas. Cando a defensa se mantivo activa e coincidiu cun pouco de acougo no ataque, rebotexouse mellor e isto permitiu estirar o marcador, dando vantaxe ao descanso aos locais (44-37).


O terceiro cuarto non chegou a coller ritmo polo elevado número de faltas e tiro libre. As canastras de dous mudaron en billetes de 500 euros, pouco vistos e moi aprezados. 13 dos 19 puntos do Meco neste cuarto foron desde tiro libre, por 4 do Rosalía. Tres canastras de dous grovenses por dúas compostelás... A diferenza veu desde máis aló da liña de 6´75: ningún acerto marisqueiro por SEIS triplas dos siareiros do raxo. 70 a 56... Os colexiais escomenzaban a poder pensar na average, 21 puntos en poder dos grovenses.

O derradeiro cuarto seguiu unha tónica semellante: Rosalía apelando ao ritmo e á liña de tres e o Meco aferrado ao poderío interior de Acuña, ao acerto do tiro libre e a tentar mante-la testa fría. Mark, cun afortunado palmeo sobre a bucina, conseguiu a average para os locais. En definitiva, traballada victoria que deixa un gran sabor de boca trala derrota en Ourense, tranquilizadora na clasificación e merecida polo Tourmalet de partidos deste sábado 21.

A vindeira semana o Instituto Rosalía viaxará á Estrada, duro rival cos que tivemos un dos partidos máis emocionantes no pavillón do Campo da Leña. A victoria valerá o seu peso en tranquilidade para ámbolos equipos.


INSTITUTO ROSALÍA 
91
(19+25+26+21)
JUGADOR
Ptos.
Triples
3
Luis López
15
3
6*
Jorge Pérez
3
8
Andrés Forján
8
2
9*
Jorge Bermúdez
7
12
Sergio Valdés
16
3
13*
Didac Blanco
4
14*
Agostiño Reigosa
7
18*
José Carlos García "Cesu"
16
4
23
Jacobo Osorio
1
25
Mark Gold
14
2
Entr.
"Txichón" Soares
Tiros Libres: 14/22

MECO-RAFONCA 
68
(22+15+19+12)
JUGADOR
Ptos.
Triples
2
M. Prol
0
5*
D. Prol
22
7
M. Torres
10
8*
A. Acosta
3
10*
B. Padín
0
25*
X. Mouriño
6
1
34
R. Acuña
21
41*
A. Torres
2
44
A. Rial
0
79
R. Garrido
4
Entr.
Manolo Bello
Tiros Libres: 27/29
Árbitros: Xesús Pena y Víctor Mera.
Señalaron 23 faltas personales a los locales y 21 a los visitantes. Sin eliminados.
Marcador por cuartos:
19-22, 44-37 (descanso), 70-56 y 91-68 (final)
Incidencias:
Partido correspondiente a la 10ª jornada de la 1ª División Autonómica masculina (grupo Sur) disputado en el pabellón del instituto Rosalía de Castro de Santiago el 21 de enero de 2017. Debutó en la categoría el junior Sergio Valdés.



 Jornada 10 (21-01-2017) 
PAVIMENTOS NOIA - PBB CONSTRUCCIONES CASTRO 65-78
SIGALTEC - BOSCO SALESIANOS 55-62
INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO - MECO-RAFONCA PORTAS E AUTOMATISMOS 91-68
VIÑA DO CAMPO - MIMELA EDM A ESTRADA 55-35


 Clasificación 
EquipoP.J.P.G.P.P.P.F.P.C.PTO.R.
1 PBB CONSTRUCCIONES CASTRO 10 8 2 705 572 18 +8
2 INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO 10 6 4 659 628 16 +1
3 BOSCO SALESIANOS 10 6 4 604 637 16 +3
4 MIMELA EDM A ESTRADA 10 6 4 617 619 16 -2
5 VIÑA DO CAMPO 10 4 6 634 647 14 +2
6 PAVIMENTOS NOIA 10 4 6 599 629 14 -1
7 MECO-RAFONCA PORTAS E AUTOMATISMOS 10 3 7 633 680 13 -6
8 SIGALTEC 10 3 7 587 626 13 -3

Autor

FEDESA baloncesto -

-

0 comentarios :