Bosco Salesianos, 65 - Instituto Rosalía, 62 (1ª Autonómica * 9ª jornada)

  • Publicado por Baloncesto Fedesa
  • en martes, enero 17, 2017 -
  • 0 comentarios
Los 8 triples de Cesu y Mark al descanso no evitan la derrota del autonómico en su vuelta a la competición.

Los de Txichón Soares dispusieron de un último tiro para llevar el partido a la prórroga.


O Instituto Rosalía non foi quen de asaltar a neveira do Bosco Salesianos de Ourense, unha cancha sempre difícil,  esta vez tamén para os locais, pois o Coronel Inverno non perdoaba. Pese ao frío, e contra prognóstico, o primeiro cuarto foi un festival anotador, con gran acerto desde a liña de tres e moitos anotadores por ámbolos equipos. A defensa picheleira non estivo á altura do acerto de Cesu e Mark (3 e 2 triplos neste cuarto respectivamente), polo que se rematou o primeiro cuarto 24 a 23 para os da beira do Miño.

No segundo cuarto, o Bosco non puido seguir o ritmo que impuñan Cesu Mark desde a liña de tres (2 e 1 triplos mais), e non daban parado a Agos por dentro, quen ademáis foi alicerce clave na mellora defensiva deste cuarto, cimentada nun mellor balance defensivo. Rosalía marchaba ao descanso con tres puntos de vantaxe (37-40).

O paso polos vestiarios mudou o partido. O acerto rosaliano quedou conxelado, quedando en sete puntos no terceiro cuarto. O paso de Agostiño polo banco por problemas de faltas complicou o desempeño defensivo en media pista, e a dupla ourensana Sony-Vila pasou a comandar o ritmo do partido. O bo traballo dos junior e Dídac a toda pista impediron que a sangría fose meirande e houbese vida para o final do partido.

O Bosco saíu a matar o partido. Catro puntos consecutivos de Jorgito deixaron claro que os das "orillas del Sar" non o ían tirar. De novo o traballo defensivo a toda pista mantiña vivos aos visitantes, cun Yago que escomenzou a carburar no rebote de ataque, cicais espoleado polo canastón metido no final do terceiro cuarto. Pese a ir sete abaixo, o Rosalía deu a volta ao marcador a pouco menos de dous minutos, cun triplazo do Forján. Un triple de Leis devolveulle a iniciativa ao Bosco.

Nas derradeiras posesión, San Xoan Bosco puido máis que Santiago Apóstolo e o acerto deu as costas aos composteláns quen, mercé a unha fantástica defensa, tivo o triple para empatar. Xusto vencedor dun partido que puido levar calqueira, unha victoria que daría a tranquilidade a ámbolos equipos, agora empatados na clasificación.

A vindeira semana terá un partido duro contra O Grove, rival que apabullou aos colexiais na ida. A victoria suporía permanecer na zona morna da táboa nun grupo que se apreta cada vez máis.


Bosco Salesianos Ourense, 65 (24+13+15+13): A. Leis (6), M. Sierra (10), Sony Vázquez (15), Vila (8), M.A. Pérez (14) -cinco inicial-, D. Pascual (-), X. Muñoz (4), A. Gómez (-), J. Álvarez (4) y --- (4). 9/17 en tiros libres. 4 triples. Entrenador: Chema Royo.
Instituto Rosalía, 62 (23+17+7+15): Jorge Bermúdez (7), Didac Blanco (-), Agostiño Reigosa (9), José Carlos García "Cesu" (20, 6 triples), Mark Gold (11, 3 triples) -cinco inicial-, Jorge Pérez (6), Miguel Orejas (-), Andrés Forján (7, 1 triple) y Yago López (2). 8/15 en tiros libres. 10 triples. Entrenador: Txichón Soares.
Árbitros: Javi González y Santi de la Puerta. Señalaron 18 faltas personales a los locales y 13 a los visitantes.
Marcador por cuartos: 24-23, 37-40 (descanso), 52-47 y 65-62 (final).
Incidencias: Partido correspondiente a la 9ª jornada de la 1ª División Autonómica masculina (grupo Sur) disputado en el colegio Salesianos de Ourense el 14 de enero de 2017.




 Jornada 9 (14-01-2017) 
PBB CONSTRUCCIONES CASTRO - MIMELA EDM A ESTRADA 68-51
MECO-RAFONCA PORTAS E AUTOMATISMOS - VIÑA DO CAMPO 59-70
BOSCO SALESIANOS - INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO 65-62
PAVIMENTOS NOIA - SIGALTEC 74-56



 Clasificación 
EquipoP.J.P.G.P.P.P.F.P.C.PTO.R.
1 PBB CONSTRUCCIONES CASTRO 9 7 2 627 507 16 +7
2 MIMELA EDM A ESTRADA 9 6 3 582 564 15 -1
3 INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO 9 5 4 568 560 14 -1
4 BOSCO SALESIANOS 9 5 4 542 582 14 +2
5 PAVIMENTOS NOIA 9 4 5 534 551 13 +1
6 VIÑA DO CAMPO 9 3 6 579 612 12 +1
7 MECO-RAFONCA PORTAS E AUTOMATISMOS 9 3 6 565 589 12 -5
8 SIGALTEC 9 3 6 532 564 12 -2

Autor

FEDESA baloncesto -

-

0 comentarios :