Los de Txichón cierran la primera vuelta con 4 triunfos y 3 derrotas tras su victoria en Foz.
O Instituto Rosalía voltou da sua primeira visita á Mariña cunha victoria máis complicada do que o marcador final mostrou. O apagón local nos derradeiros tres minutos, nos que non anotou e recibiu once puntos, levaron a vantaxe final a 23 puntos cando en todo o partido non se superaran os doce puntos de diferenza.
O partido escomenzou cun Pedro moi centrado, pero nove puntos de Brais mantiñan ao Celtas aferrados ao partido. O bo traballo ao rebote dos picheleiros non se materializa en bos tiros, pero tres triplas neste cuarto, con tamén un bo Juan, levan un 13-20 ao electrónico.
Ningún dos dous equipos apostou por rebaixa-lo ritmo do partido. Os de Marzán teñen na tripla a sua arma principal e non os atoparon neste cuarto, pese a iso, remataban o cuarto con 17 puntos. Á fronte atoparonse cos mellores minutos de Eloy esta temporada e un Mallo dominante, polo que Rosalía seguía mandando no marcador ao descanso, 30 a 43. No debe picheleiro, as faltas de Mark e Carrera e a sensación de que non se atinaba co ritmo.
Con Brais Paz e Jorge Álvarez exercendo de caudillos castrillos, a bancada apretando, os focense deixaban claro que "este castro non se rende"… Ganaron o terceiro cuarto 18 a 17… Mark e Pedro cortaron a hemorraxia co seu acerto desde a liña de tres.
Celtas proseguiu o seu traballo na busca do traballo. Algo que tódolos adestradores da categoría dirán e que con Foz, aínda que vaias 40 arriba, non te relaxes. Pero para carácter indómito, Nilo. Once puntos neste cuarto máis os derradeiros tres minutos dos locais sen anotar, co seu pichichi Brais Paz no banco por cinco faltas, fixeron que o Rosalía rematase o encontro coa máxima vantaxe no partido, o soño húmido de calqueira adestrador.
Fin da primeira volta cun balance de 4-3, na cuarta posición empatado co terceiro, Pavimentos Noia, próximo rival tras o parón da ponte do 6 do Nadal. Moito por diante e moito por traballar para seguir no grupo de arriba.
Gráfico de cómo transcurrió el partido
(Fuente: FEGABA)
Macrocopia Celtas de Foz, 57: Ángel Cao (4), Miguel Rivas (-), Johanny Vásquez (3), Alberto Méndez (11, 1 triple), Brais Paz (21, 5 Triples) -cinco inicial-, Adrián Prada (2), Ramón Lanzos (2), Marco Antonio Trelles (3, 1 triple), Eduardo Fraga (2), Manuel Eiras (-) y Jorge Álvarez (9).
Instituto Rosalía, 80: Jorge Pérez (7, 1 triple), Nilo Barreiro (17, 1 triple), Andrés Forján (6), Álex Carrera (-), Pedro Vieites (12, 1 triple) -cinco inicial-, Juan Blanco (9, 1 triple), Alfonso Mallo (18, 2 triples), Diego Barbosa (2), Eloy Poza (3) y Mark Gold (6, 2 triples).
Árbitros: Juan Bosco Casal y Ana Paula Losada. Señalaron 20 faltas personales a cada equipo. Eliminaron por personales al local Brais Paz.
Parciales: 13-20, 17-23, 18-17 y 9-20
Incidencias: Partido correspondiente a la 7ª jornada de la 1ª División masculina (Grupo Norte) disputado el 30 de noviembre de 2019 en el pabellón Torques de Marzán de Foz (Lugo).
Estadísticas del partido
(Fuente: FEGABA)
0 comentarios :