Los de Txichón Soares se llevaron un partido que llegaron a estar 18 abajo en el 2º cuarto ante un Noia que cuenta en sus filas con varios ex-jugadores que vistieron nuestra camiseta no hace mucho y que llegaron a disponer de una última posesión para ganar el partido.
Ademáis do nubeiro semipermanente, hai dúas cousas moi típicas de Galicia: a morriña e a retranca. Estas tres cousas estiveron moi presentes no partido entre o noso Rosa e o CB Noia, un rival deses que nunca se nos deu ben. Houbo morriña, saudade, porque temos moitos rapaces que pasaron por esta casa non hai moito e que agora anotan canastras para o equipo da ría, como Breo, Patiño, Luis e o seu adestrador Jesu Souto. E houbo retranca, moita, moito humor negro, cun Sergio Son de mestre de cerimoniais, sempre co chiste exacto. Houbo tensión e moito humor. A retranca non deixa de ser o humor cando vai á guerra. Nada vaille acaer mellor a este partido que un "ghuapo, ghuapo non é… pero ten unha pelaxe..." Foi un partido de erros, non sempre competido, pero cunha fin emocionante e un vencedor inesperado para quen non vira todo o partido.
Los chicos posando tras el partido
(Foto: Salva Harguindey)
Ademáis do nubeiro semipermanente, hai dúas cousas moi típicas de Galicia: a morriña e a retranca. Estas tres cousas estiveron moi presentes no partido entre o noso Rosa e o CB Noia, un rival deses que nunca se nos deu ben. Houbo morriña, saudade, porque temos moitos rapaces que pasaron por esta casa non hai moito e que agora anotan canastras para o equipo da ría, como Breo, Patiño, Luis e o seu adestrador Jesu Souto. E houbo retranca, moita, moito humor negro, cun Sergio Son de mestre de cerimoniais, sempre co chiste exacto. Houbo tensión e moito humor. A retranca non deixa de ser o humor cando vai á guerra. Nada vaille acaer mellor a este partido que un "ghuapo, ghuapo non é… pero ten unha pelaxe..." Foi un partido de erros, non sempre competido, pero cunha fin emocionante e un vencedor inesperado para quen non vira todo o partido.
O partido escomenzou con moito público e cinco minutos de "volta de recoñecemento", ámbolos dous equipos facían e desfacían sen que ningún deles fose quen de se distanciar. Nalgunha curva imprevista, Noia meteu a directa, colleu velocidade e, tras meter 25 puntos no primeiro cuarto, miraba polo retrovisor, ben lonxe, a un Rosalía mol. Os da vila do arca de Noé mantiveron o control manu militari no segundo cuarto, cun xogo coral con Luis e Sergio de estiletes. Cando os locais parecían máis afundidos, cinco puntos de Eloy e seis de Jorgito maquillaron un parcial que escomenzaba a ser certamente preocupante, chegando ao descanso 32 a 41.
Gráfico que refleja como transcurrió el partido
(Fuente: FEGABA)
Nestes casos sempre se tira de manual. O manual di que cando tes unha renta a favor ou en contra, a saída do descanso é vital, ben para agrandala, ben para aquelala. Vese que o manual noiés estaba mellor impreso, pois ampliou ben a vantaxe até os dezaoito puntos… Mal pintaba a cousa para o equipo da Alameda que tivo dous bos aliados neste cuarto, catro triplas (Mallo non coñeceu o erro desde 6,75) e a perda de gasolina dos visitantes. Xa se sabe, cando vas a todo filispín, a máquina traga máis e hai que darlle de comer ao bicho. Os picheleiros erraron unha bandeixa doada sobre a serea nun contraataque de libro e así, unha vez rematado o terceiro período, un 49 a 52 alumeaba á bancada ateigada. Espadas por todo o alto.
Nervios, moito contacto e cansanzo… que (non) podía saír mal? As imprecisións tiveron preso o marcador pero Rico, con catro puntos consecutivos, facía que o Noia se mantivese por riba no marcador. Unha tripla do Capi espertou ao Rosalía pero sempre falta unha fechiña máis para culmina-la remontada. Unha falta antideportiva e a quinta falta de Nilo deron tranquilidade aos visitantes que vían clarexar o seu camiño á victoria… Especialmente cando anotaron o punto 60 cunha boa porta atrás de Sergio na continuación dun indirecto… Din que non hai peor cuña ca da mesma madeira e foi Mark, ex-xogador noiés, quen meteu o punto 60 para o Rosa… 60 a 60 foi o marcador durante máis de dous longos minutos… que só se moveu para marcar un 62 a 60 con dous tiros libres de Mark, para remata-lo choio. Tivo Noia balón para ganar tras tempo morto. Seis longos segundos, nun saque de banda de libre para liberar a Luis que errou o derradeiro tiro… Os refráns non sempre acertan.
Rosalía consigue afianzarse nos postos de fase de ascenso, na terceira posición cun balance 5-3 e dúas victorias respecto ao corte. O vindeiro rival, xa para o 2020, serán os nosos amigos do Opticalia Eume. Agardemos o mesmo fin e menos sofrimentos que neste partido pero posiblemente non sexa así, #somosdoRosa.
Felices festas e tódolos nosos mellores desexos para cada día, familia!
Instituto Rosalía, 62: Nilo Barreiro (6), Alfonso Mallo (12, 3 triples), Andrés Forján (-), Pedro Vieites (6, 2 triples), Mark Gold (11, 1 triple) -cinco inicial-, Jorge Pérez (10, 2 triples), Juan Blanco (7, 1 triple), Diego Barbosa (5, 1 triple), Eloy Poza (5, 1 triple), Álex Carrera (-) y Miguel Souto (-).
CB Noia, 60: José Vázquez (6), Sergio Romero (15), Breogán Peña (6, 1 triple), Alberto Martino (5), Luis López (15, 4 triples) -cinco inicial-, Antonio Rodríguez (2), Brais Domínguez (-) y Adrián Rico (11, 1 triple).
Árbitros: Santiago Iglesias y Anxo Méndez. Señalaron 14 faltas personales a cada equipo. Eliminaron por personales al local Nilo Barreiro.
Parciales: 17-25, 15-16, 17-11 y 13-8
Incidencias: Partido correspondiente a la 8ª jornada de la 1ª División masculina (Grupo Norte) disputado el 14 de diciembre de 2019 en el pabellón del instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
CLASIFICACIÓN (Grupo Norte)
Equipo
|
J
|
G
|
P
|
PF
|
PC
|
Ptos
|
|
1
|
BBCA CASTELO DE SAN FELIPE
|
8
|
8
|
0
|
635
|
457
|
16
|
2
|
BALONCESTO NARÓN
|
8
|
6
|
2
|
580
|
555
|
14
|
3
|
INSTITUTO ROSALÍA
|
8
|
5
|
3
|
567
|
531
|
13
|
4
|
CB NOIA
|
8
|
4
|
4
|
528
|
513
|
12
|
5
|
CARFERLO CB VIVEIRO
|
8
|
3
|
5
|
471
|
508
|
11
|
6
|
MACROCOPIA CELTAS
|
8
|
3
|
5
|
499
|
524
|
11
|
7
|
OPTICALIA EUME
|
8
|
2
|
6
|
502
|
572
|
10
|
8
|
CB CAMBRE
|
8
|
1
|
7
|
457
|
579
|
9
|
Resumen de la 2ª parte del partido
La última acción del partido
0 comentarios :