Segunda victoria, e primeira fóra da casa, do Instituto Rosalía de Castro ante un sempre competitivo Cambre, sempre un dos referentes da liga (subcampión 2018/19) que está aprendendo a vivir sen algún dos seu referentes.
Estadísticas del partido
(Fuente: FEGABA)
O Rosalía viaxaba a Cambre coas baixas de Mark Gold, Jorge Pérez, Miguel Pouso e Diego Barbosa, baixas sensibles por acumularse na mesma liña e pola perda de "kilos" ante un rival que fai gala deles.
Ambos equipos escomenzaron o partido cun nivel alto de enerxía. Pese aos aviso do incombustible Monti nos primeiros compases, o equipo picheleiro pareceu estar máis cómodo no elevado ritmo proposto e só o acerto de Justo e as dúas triplas locais deste cuarto amarraron aos de Cambre no marcador. Até sete xogadores rosalianos anotaron neste cuarto.
Din que as soberbias antes duraban anos e agora días pero nunha cancha de baloncesto poden durar segundos. Cambre saíu en tromba no segundo cuarto e o Rosalía parecía aportar por darlle emoción á tarde. Neste cuarto os locais asinarían case a metade dos puntos que anotaría no encontro, 29. En tres minutos, mercé a unha gran defensa dos cambreses, nove puntos consecutivos dun vello rockeiro Lariño e a un mal balance defensivo visitante, os locais mandaban no marcador. Os dez puntos de Justo e dúas triplas de Gerardo Dorda mantiñan a raia a un Rosalía que, se ven saíu a pé mudado, soubo meterse no partido para que a diferenza no electrónico non superase os catro puntos a favor dos do Temple… "Se orballa, deixa orballare" deberon pensar pero que chova xa non… Os da vila do apóstolo decidiron pór o traxe de augas para non ter que lembrarse de Santa Bárbara e cortaron as vías de auga atrás cun gran traballo colectivo e diante co acerto de Nilo, Mallo, Forján, Pedro e Miki. Descanso, 43 a 44. Todo por decidir: Cambre sabendo que pode gañar e Rosalía convencido de que non o debe deixar escapar. As castañas e o chocolate con churros deberían agardar.
Á saída do descanso Rosalía soubo reatopar o ritmo do inicio do partido e manterse por riba do marcador en todo momento. Os cambreses, que perderon neste cuarto a "Tutto" por acumulación de técnicas e a Miguel Justo por un golpe no seu ombreiro esquerdo, sobrepuxeronse á fatalidade e con doce puntos consecutivos de Alberto Rodríguez metían o medo no corpo cando os da beira do Sar precisaban un respiro. Un pouco máis de rigor defensivo e a anotación de Mallo e Juan conseguiron defender a renda rosaliana, conseguindo ampliala á fin do cuarto. 57 a 64, 10 minutos e moito por remar.
Rosalía estivo máis centrado no derradeiro cuarto, gañandoo por 3 a 15, metade por moi boa actividade defensiva, metade por ansiedade local sen esquencer que Nilo voltou atopar o seu fusil e, pese a non estar especialmente lúcido nos derradeiros compases, con sete puntos pechou este western. Os colexiais marchaban cun satisfactorio 60 a 79, nada descriptivo da fortaleza local e da dureza do partido, pero merecido premio ao sen dúbida mellor partido colexial do que vai de temporada.
Desexamos unha pronta recuperación das baixas do CB Cambre, con tanta forza como desexamos a volta dos nosos.
O Rosalía (2-1) recibirá o sábado 9 ás 20:00 ao BBCA, único invicto do grupo (3-0). Sen dúbida ningunha, o mellor plan para unha tarde de reflexión.

CB Cambre, 60: Luis Montenegro "Monti" (6), "Tutto" López-Pizarro (2), Martín Montero (-), Martín García (2), Alberto Rodríguez (15) -cinco inicial-, Miguel Justo (15), Fernando Suena (-), Bruno Cabado (-), Martín Vidal (2), Gerardo Dorda (6), Fernando Lariño (11) y Enrique Blanco (1).
Instituto Rosalía, 79: Miguel Orejas (3), Andrés Forján (11), Nilo Barreiro (25), Alfonso Mallo (14), Pedro Vieites (8) -cinco inicial-, Eloy Poza (-), Miguel Souto (8), Juan Blanco (7) y Álex Carrera (3).
Árbitros: Alejandro Pena y Alejandro Sobrino. Señalaron 32 faltas personales a los locales y 22 a los visitantes. Eliminaron por 5 faltas personales a los locales Martín Montero y Alberto Rodríguez, y a "Tutto" López-Pizarro por acumulación de técnicas.
Parciales: 14-22, 29-22, 14-20 y 3-15.
Incidencias: Partido correspondiente a la 3ª jornada de la 1ª División masculina disputado el 2 de noviembre de 2019 en el Pabellón Sofía Toro de Cambre (Coruña).
CLASIFICACIÓN (Grupo Norte)
Equipo
|
J
|
G
|
P
|
PF
|
PC
|
Ptos
|
|
1
|
BBCA
|
3
|
3
|
0
|
211
|
166
|
6
|
2
|
INSTITUTO ROSALÍA
|
3
|
2
|
1
|
214
|
188
|
5
|
3
|
BALONCESTO NARÓN
|
3
|
2
|
1
|
197
|
186
|
5
|
4
|
MACROCOPIA CELTAS
|
3
|
2
|
1
|
177
|
180
|
5
|
5
|
OPTICALIA EUME
|
3
|
1
|
2
|
201
|
218
|
4
|
6
|
CB CAMBRE
|
3
|
1
|
2
|
163
|
183
|
4
|
7
|
C. B. NOIA
|
3
|
1
|
2
|
194
|
193
|
4
|
8
|
CB VIVEIRO
|
3
|
0
|
3
|
160
|
203
|
3
|
0 comentarios :