Instituto Rosalía, 80 - Obradoiro CAB, 84 (1ª Autonómica * 4ª jornada de la 2ª Fase)

Los de Txichón estuvieron a punto de levantar un partido a base de triples que perdían de 20 en el tercer cuarto y que Mark acabó mandando a la prórroga con triple sobre la bocina.

A 2:30 del final el partido estaba empatado a 69 y solo un par de pérdidas y un triple de Jorge Bermúdez (4 anotó en el último cuarto) que dio dos vueltas al aro y se salió pudieron haber cambiado el signo del partido.

Mark lanzando un tiro libre

Os derbys son algo especial. O quecemento é distinto, a bancada énchese de xente e cores, de rapaces en chandal que veñen ver aos seus maiores. As canchas coquetas e con raigame, como o noso querido Rosa, póñense preciosas de súpeto e exercen coma de lente de aumento para tódalas sensacións, todo se percibe máis grande. Se os derbys xa son así de por si, maxinas se o partido ten unha grande remontada, 22 triplas, 6 mates e unha prórroga e quen o xoga é o teu irmán, o teu compañeiro de pupitre ou quen sae de copas contigo? Pois iso foi o que se viviu o domingo pola tarde, unha gran festa do baloncesto compostelán, cunha bancada chea, metida e cunha deportividade e saber estar que, cos tempos que corren, debemos salientar; e cuns equipos comprometidos, educados e exquisitos, como non podía ser doutro xeito.

O partido escomenzou no que se podía prever, Obra tirando de atleticismo e Rosalía seguindo o seu romance coa liña de 6,75. 8 puntos de Losada e outros 8 do xogo interior dos do Sar, Miguel e Alberto, eran respostados con outros dez da dupla Mark e Cesu. O cuarto se facía longo para os locais e, con dúas moi malas defensas de bloquexo directo e un bonus temperán, o cuarto se perdía 19 a 21.

Rosalía precisaba colectivizar o xogo, estaba a tirar de acerto individual pero sen solución de continuidade e Obra soubo facer sangue. Iago Rey faría trece puntos só neste cuarto, levando a diferencia a nove puntos no descanso. Once puntos de Luis (xa con problema de faltas) e Valdés daban respiro aos do Colexio de Pasantes, enxugando un pouco a sangría. 34-43 para os visitantes pero moito por xogar.

Tralo descanso os locais tentaron equilibrar o seu xogo, cousa que se foi conseguindo pero que non se plasmaba en acerto. Neste intre, o Obra xa tiña unha velocidade de cruceiro importante que Rosalía non daba rebaixado dada a superioridade morada no rebote e o acerto de Rodri (10 puntos neste cuarto), levaban a vantaxe até os 20 puntos, pese aos dous triples consecutivos de Jorge Bermúdez.

E volvemos á maxia dos derbys. Aparentemente todo vendido e o xogo local moceaba cada vez máis co KO. A cabeza liscara hai tempo e foi o momento do corazón e da testosterona. Jorgito, o Pulgarciño do partido, fíxose enorme, tocando cada balón ao que se achegaba. Rosalía de caer, quería caer matando. Un triple de Luis prologou 14 puntos consecutivos de Jorge Bermúdez. A remontada non parecía tan imposible e o Obra parecía non entender moi ben que estaba a pasar. Unha tripla máis de Luis, antes de facer a quinta falta, achegaba a posibilidade de victoria aos da Alameda. O Obra saíu do KO gracias a unha tripla e un colosal mate en rebote ofensivo de Iago Rey, pero o seu desacerto da liña de persoal permitiu que cinco puntos consecutivos de Ghengis Mark (tripla sobre a bocina incluída) levara o empate a 74 ao marcador, cun parcial de 25-12.

Rosalía cría agora na victoria, pero errou no pensar que o acerto ía ser ilimitado. Quixo tirar da épica, que é unha boa amante pero moi mala compañeira. Xa sen Luis, sen aire, o ir á guerra cada un pola sua conta topou cun Obra máis ordeado, liderado por Rodri xigante, quen con seis puntos e un mate antolóxico pechou unha traballada victoria visitante.

A próxima xornada o Rosalía disputará o seu derradeiro partido en casa desta temporada. Será o domingo 2 de abril ás 19 horas contra o Básquet Coruña de Chiqui Barros, coa esperanza de consegui-la sua segunda victoria nesta fase de ascenso.


INSTITUTO ROSALÍA 
80
(19+15+15+25+6)
JUGADOR
Ptos.
Triples
3
Luis López
12
2
6
Jorge Pérez
3
1
9
Jorge Bermúdez
24
6
13
Didac Blanco
0

14
Agostiño Reigosa
7
18
José Carlos García "Cesu"
11
2
19
Sergio Valdés
8
1
23
Jacobo Osorio
0
25
Mark Gold
15
3
Entr.
"Txichón" Soares
 80  15 
Tiros Libres: 15/18


OBRADOIRO CAB 
84
(21+22+19+12+10)
JUGADOR
Ptos.
Triples
1
M. García
6
2
3
A. Carrera
4

6
B. Losada
14

8
Iago Rey
20
2
9
Miguel López
10

23
Javi Cal
7

32
R. Blanco
0

34
Alberto Díaz
4

45
Rodri Gómez
19
3
99
D. Barbosa
0

Entr.
Oriol Junyent
 84  7 
Tiros Libres: 7/18


Árbitros: Adrián López y Xesús Pena.
Señalaron 17 faltas personales a los locales y 19 a los visitantes. Eliminaron por personales al local Luis López y al visitante Miguel López.
Marcador por cuartos:
19-21, 34-43 (descanso), 49-62, 74-74 (final) y 80-84 (prórroga).
Incidencias:
Partido correspondiente a la 4ª jornada de la 2ª fase de 1ª División Autonómica masculina disputado en el pabellón del instituto Rosalía de Castro de Santiago el 26 de marzo de 2017. Muy buena entrada, con prácticamente medio pabellón lleno.




Jornada 10 (25-03-2017)
PBB CONSTRUCCIONES CASTRO - CALVO BASKET XIRIA 66-48
MIMELA EDM A ESTRADA - LEYMA BASQUET CORUÑA 56-91
INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO - CENOR OBRADOIRO CAB 80-84 (Día 26)
BOSCO SALESIANOS - CB CULLEREDO 60-84



Clasificación
EquipoP.J.P.G.P.P.P.F.P.C.PTO.R.
1 CB CULLEREDO 10 8 2 767 644 18 +4
2 PBB CONSTRUCCIONES CASTRO 10 6 4 704 634 16 +1
3 LEYMA BASQUET CORUÑA 10 6 4 663 608 16 +2
4 CENOR - OBRADOIRO CAB 10 5 5 687 693 15 +2
5 CALVO BASKET XIRIA 10 5 5 603 632 15 -2
6 BOSCO SALESIANOS 10 4 6 564 668 14 -2
7 INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO 10 3 7 699 728 13 -1
8 MIMELA EDM A ESTRADA 10 3 7 607 687 13 -4

Autor

FEDESA baloncesto -

-

0 comentarios :