Los de "Txichón" Soares derrotan a un rival que llegó a Santiago mermado de efectivos -pero habiendo ganado sus tres últimos partidos- y se asegura, a dos jornadas del final, jugar en el grupo de ascenso junto a Porriño, Bosco Salesianos y A Estrada.
Non era o Celta - Real Madrid pero tiña a sua trascendencia e tamén se veu afectado pola treboada. Tras un inicio dubitativo, o Viña do Campo escalaba posicións na táboa rozando os postos de privilexio. Se ben é certo que viña con baixas, viña de rachar a xeira de oito victorias do líder Porriño na sua casa. En fronte, un Rosalía ciclotímico [para estudiantes/as da ESO, é un trastorno psiquiátrico caracterizado por picos de ánimo, de moi triste a eufórico, de distraído a superconcentrado. De nada ;)] acuciado polas derrotas contra os seus rivais directos, Bosco e EDM
A Estrada. En xogo estaba entrar no grupo da tranquilidade, dos que en marzal saben que o ano vindeiro, como mínimo, estarán na mesma categoría.
O partido escomenzou cun Viña do Campo máis metido no partido, sen marcar moito a distancia polo seu desacerto ofensivo, pero si levando o ritmo. Pablo Sánchez e Seque mantiñan ocupada a defensa rosaliana, que aturaba as embestidas da man de Mark. Unha tripla afortunada sobre a bocina de Yago, aos poucos segundos de saír, supuso o empate a 15 ao fin do primeiro cuarto.
No segundo cuarto o partido tomou un cariz diferente. Os bases tomaron o control da situación e da anotación e o ritmo subiu considerablemente. Polo equipo das xuderías, Vlady Veras, con 9 puntos neste cuarto, ameazaba con dar un clínic. Mark e Jorge Pérez aceptaron o envite e demostraron que, polo menos, eran alumnos avantaxados, sumando 12 puntos para os colexiais. Neste cuarto apareceu un protagonista non convidado: o Comandante Humidade. A condensación escomenzaba a deixar o chan esvaradizo e escomenzouse a ter dúbida de se a pista aturaría practicable. Os árbitros olívicos decidiron con bo criterio chegar ao descanso e alongalo o suficiente para que parquet, co mimo da xente do clube, estivese en perfectas condicións para disputa-los vinte minutos restantes.
Escomenzaba un partido novo, con Rosalía tres arriba. O parón foi empregado por Ramón González e os seus para calibrar a puntería e meter até 5 triplas neste cuarto, collendo aos locais a pé mudado. O acerto de Ishimoto e EasyMoney (Mark) desde a liña de tres, e catro puntos consecutivos de Miguelón, daban algo de aire aos do Colexio de Pasantes, pero non impedía que os locais fosen ao cambio de cuarto perdendo e un bocado confusos. Ribadavia chegou a ter 9 puntos de vantaxe e soterraba calquera posibilidade de tranquilidade.
Os composteláns decidiron redoblar a sua aposta polo ritmo, que froitificou cunha anotación coral (sete picheleiros anotaron neste cuarto), un bo traballo de rebote en ámbolos aros e un uso axeitado das faltas. O Viña de Campo pareceu acusar a sua escaseza de efectivos e o cansanzo, que traduciron en sete puntos no derradeiro cuarto, cifra que imposibilita ganar en case calqueira campo.
O triunfo do babyRosa senior foi un bo prólogo para a victoria dos EBA. Tivemos un partido entretido, vivido con deportividade exquisita e no que tódolos xogadores tiveron un intre de ser importantes... mágoa que non houbese premio para os dous (isto vale tanto para os Autonómicos como para o EBA).
Coa victoria picheleira, as vagas para o ascenso e o descenso do grupo Sur xa teñen nome: Porriño, Bosco, A Estrada e Rosalía xogarán polos postos nobles e Viña do Campo, Noia, Meco e Sigaltec pola categoría. Sen dúbida, un logro que debemos valorar, cunha tranquilidade que, se a sabemos xestionar, vainos servir para seguir crecendo.
Poderíamos citar ao Sr. Lobo na célebre Pulp Fiction para lembrar que queda moito que facer... O primeiro será ser un gran rival para o líder Porriño que nos visitará o próximo domingo ás 17.00 horas e que ten como premio un puntiño extra para a segunda fase.

INSTITUTO ROSALÍA
|
73
|
||
(15+20+18+20)
|
|||
Nº
|
JUGADOR
|
Ptos.
|
Triples
|
6
|
Jorge Pérez
|
14
|
1 |
8
|
Andrés Forján
|
0
|
|
9
|
Jorge Bermúdez
|
11
|
1 |
10
|
Yago López
|
7
|
1
|
13
|
Didac Blanco
|
6
|
|
14
|
Agostiño Reigosa
|
4
|
|
17
|
Miguel Rodríguez
|
8
|
|
18
|
José Carlos García "Cesu"
|
0
|
|
23
|
Jacobo Osorio
|
3
|
|
25
|
Mark Gold
|
20
|
5
|
Entr.
|
"Txichón" Soares
|
||
Tiros Libres: 11/17
|
|||
VIÑA DO CAMPO
|
62
|
||
(15+17+23+7)
|
|||
Nº
|
JUGADOR
|
Ptos.
|
Triples
|
5
|
David Fernández
|
0
|
|
8
|
Vlady Veras
|
11
|
1 |
9
|
Dani Gulín
|
5
|
1 |
10
|
Pablo Sánchez
|
12
|
|
15
|
Jesús Priego
|
13
|
3 |
18
|
Juan Cuñarro
|
5
|
1
|
41
|
Sequeiros
|
16
|
1 |
Entr.
|
Ramón González
|
||
Tiros Libres: 9/17
|
|||
Árbitros: Santiago de la Puerta y Adrián Álvarez.
Señalaron 14 faltas personales a los locales y 18 a los visitantes. Sin eliminados.
|
|||
Marcador por
cuartos: 15-15, 35-32 (descanso), 53-55 y 73-62 (final). |
|||
Incidencias:
Partido correspondiente a la 12ª jornada de la 1ª División Autonómica masculina (grupo Sur) disputado en el pabellón del instituto Rosalía de Castro de Santiago el 4 de febrero de 2017.
|
|||
Jornada 12 (04-02-2017) |
BOSCO SALESIANOS - PBB CONSTRUCCIONES CASTRO | 59-57 | (Día 5) | |
PAVIMENTOS NOIA - MECO-RAFONCA | 78-77 | ||
SIGALTEC - MIMELA EDM A ESTRADA | - | ||
INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO - VIÑA DO CAMPO | 73-62 |
Clasificación |
Equipo | P.J. | P.G. | P.P. | P.F. | P.C. | PTO. | R. | ||
1 | PBB CONSTRUCCIONES CASTRO | 12 | 8 | 4 | 820 | 705 | 20 | -2 | |
2 | BOSCO SALESIANOS | 12 | 8 | 4 | 715 | 740 | 20 | +5 | |
3 | INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO | 12 | 7 | 5 | 789 | 756 | 19 | +1 | |
4 | MIMELA EDM A ESTRADA | 11 | 7 | 4 | 683 | 676 | 18 | +1 | |
5 | VIÑA DO CAMPO | 12 | 5 | 7 | 770 | 778 | 17 | -1 | |
6 | PAVIMENTOS NOIA | 12 | 5 | 7 | 723 | 758 | 17 | +1 | |
7 | MECO-RAFONCA PORTAS E AUTOMATISMOS | 12 | 4 | 8 | 773 | 819 | 16 | -1 | |
8 | SIGALTEC | 11 | 3 | 8 | 648 | 689 | 14 | -4 |
0 comentarios :