Los de Txichón se aferran a la 3ª plaza tras el triunfo en Pontedeume por 53-58.
Pontedeume recibiu o primeiro partido do 2020 para o seu equipo, Opticalia Eume, e o Instituto Rosalía. Saída difícil para o noso equipo, ante un rival experto e que sempre pon as cousas difíciles e coa dificultade engadida da desintoxicación dos doces, the lights and he music, que diría Abel Caballero, do Nadal. Cada equipo tivo o seu momento para chegar a victoria final.
Estadísticas de tiro y anotación
(Fuente: FEGABA)
Pontedeume recibiu o primeiro partido do 2020 para o seu equipo, Opticalia Eume, e o Instituto Rosalía. Saída difícil para o noso equipo, ante un rival experto e que sempre pon as cousas difíciles e coa dificultade engadida da desintoxicación dos doces, the lights and he music, que diría Abel Caballero, do Nadal. Cada equipo tivo o seu momento para chegar a victoria final.
Eume saiu á pista máis metido no partido e tivo de premio un 8-0 e unha entrada en bonus temperá mentres o Rosa escomenzaba a súar o roscón de Reis. Os picheleiros Pedro e Forján contestaron as triplas de Rozados e Eloi, espertando un pouco aos visitantes.
No segundo cuarto o Rosa que reaccionaba un pouco atrás pero non mordía diante. Eume aproveitaría para levar até os dez puntos a sua vantaxe. Un arreón final, con dúas triplas de Pedro, conseguiu empatar o parcial e ir ao descanso catro abaixo. Situación grave pero non desesperante.
Tralo descanso, intercambio de golpes. Rosalía logra, cunha tripla de Mallo, empatar o encontro e a partir de aí a iniciativa no electrónico vai case que mudando a cada canastra. Os colexiais rematan dous arriba este parcial.
O período final escomenza con canastra local, partido empatado. Se dicíamos que aos picheleiros non lle sentara ben o Roscón de Reis (ai, perdooche todo o mal que me fas polo ben que me sabes) semella que os polvorón atragantouselle a Eume: apagón ofensivo e fusilados por Forján e Pedro desde 6,75, que levaban ao Rosa a dominar no marcador por nove puntos. Lonxe de rendirse, os locais apuraron o paso con 8 puntos de Lois Villar, para entrar nos derradeiors minutos só dous abaixo. Afortunadamente, os tiros libres aseguraron a victoria compostelá.
O Rosalía xogará o próximo partido contra Cambre, nun partido vital para afianzarse na zona alta da táboa e, se levantamos da sesta, pensaren escalar posicións.
Estadísticas del partido
(Fuente: FEGABA)
Opticalia Eume, 53: Luis Díaz (4), Eloi Fernández (12, 3 triples), Alberto Rozados (9, 3 triples), Efrén Fernández (0), Lois Villar (12) -cinco inicial-, David López (0), Ezequiel Vázquez (4), Rogelio Bandín (8) y Pedro Díaz (4).
Instituto Rosalía, 58: Nilo Barreiro (8), Alfonso Mallo (7, 1 triple), Andrés Forján (11, 3 triples), Pedro Vieites (19, 5 triples), Mark Gold (5) -cinco inicial-, Jorge Pérez (2), Juan Blanco (0), Diego Barbosa (0), Eloy Poza (0), Álex Carrera (0) y Miguel Souto (6).
Árbitros: Alejandro Pena y Xesús Pena. Señalaron 22 faltas personales a los locales y 20 a los visitantes. Eliminaron por personales al local Rogelio Bandín.
Parciales: 15-11, 15-15, 8-14 y 15-18
Incidencias: Partido correspondiente a la 9ª jornada de la 1ª División masculina (Grupo Norte) disputado el 12 de enero de 2020 en el pabellón Municipal O Carqueixal (Pontedeume).
CLASIFICACIÓN
EQUIPO
|
PJ
|
PG
|
PP
|
PF
|
PC
|
Ptos
|
|
1
|
BBCA CASTELO DE SAN FELIPE
|
9
|
9
|
0
|
710
|
489
|
18
|
2
|
BALONCESTO NARÓN
|
9
|
7
|
2
|
645
|
616
|
16
|
3
|
INSTITUTO ROSALÍA
|
9
|
6
|
3
|
625
|
584
|
15
|
4
|
CB NOIA
|
9
|
4
|
5
|
589
|
578
|
13
|
5
|
MACROCOPIA CELTAS
|
9
|
4
|
5
|
571
|
584
|
13
|
6
|
CARFERLO CB VIVEIRO
|
9
|
3
|
6
|
503
|
583
|
12
|
7
|
OPTICALIA EUME
|
9
|
2
|
7
|
555
|
630
|
11
|
8
|
CB CAMBRE
|
9
|
1
|
8
|
517
|
651
|
10
|
0 comentarios :